• A Cocina Económica de Ferrol, é unha Asociación de beneficencia particular con CIF G-15029176, creada o 20 de setembro de 1891, coa finalidade de proporcionar comida, principalmente cociñada, a persoas con escasos recursos.

    Está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro con nº 1996-4176-1. Declarada de Beneficencia Particular o 19 de xaneiro de 1916 e ten recoñecida a Utilidade Pública por Orde de 18 de febreiro de 2011 (DOG 58 de 23 de marzo).

    A nosa sede está situada no número 29 da rúa Rubalcava de Ferrol (C.P. 15402). O noso teléfono é o 981 353 117, onde atenderémosche de luns a sábados de 9:00h até as 14:30 e o noso correo electrónico contacto@cocinaeconomicaferrol.com

  • Antonio Togores y Corbián. A cuxa iniciativa e cooperación débese o establecemento da Cocina Económica de Ferrol, inaugurada o 20 de septembro de 1891.

  • Que facemos

    Dentro da nosa función de proporcionar comida a persoas con escasos medios económicos, a Cocina Económica proporciona a diario un xantar completo e unha cea.

  • Cocina Económica 1

  • Como o facemos

    A Cocina Económica de Ferrol é unha Asociación independente que, no entanto, coopera cos Servizos Sociais municipais, así como con asociacións de carácter social, fomentando a integración da rede social da nosa comarca. Traballamos e recibimos o apoio de particulares, empresas, asociacións, centros educativos, parroquias e confrarías, sindicatos…

    Deste xeito conseguimos diversificar os nosos ingresos, potenciando a eficiencia dos nosos servizos, comprometidos coa Calidade, o Rigor e a Transparencia, que desde fai máis dun século son o selo dunha tradición de vangarda.

  • bancoalimentosRA

  • Fega

  • carrefour

  • vegalsa

  • logo_mercadona

© 2015 Tódolos dereitos reservados. By stgo | Aviso Legal

-