Que Facemos

Co fin de traballar polo benestar de todas aquelas persoas sen recursos, prestamos uns servizos específicos dentro do servizo do comedor social:

Servizo de comedor

Xantar: 12.30h – 14.30h, tódolos días. (En caso de necesidade poderá haber dúas quendas).
Cea: 20:00h – 21:30h, de luns a venres e domingos (excepto festivos).
  • Cobertura de necesidades de alimentación a todas aquelas persoas con limitados recursos económicos.

Servizo de atención a usuarios

ReXistro E Toma de Datos
  • Se procederá a rexistrar e a tomalos datos de tódoslos usuarios para a sua atención e posterior valoración.
Información E Orientación Social
  • Información e asesoramento sobre os recursos sociais existentes, así como a súa canalización a estos recursos e outros servizos e dar a coñecer os procedimentos ou alternativas dispoñibles ante unha situación de necesidade social determinada.
Valoración
  • Ten como obxetivo evaluar unha situación de necesidade social para realizar un diagnóstico que permita buscar vías de solución á problemática plantexada e coñecer a procedencia para adquirir a condición de usuario da entidade e poder ser beneficiario dos servizos. Para poder determinar en que situación se pode atopar unha persona, realizase un estudio dos seguintes ámbitos: económico, convivencial, persoal, salud e social. A extensión e profundidade da información recollida permite facilitar a valoración social e labor das persoas profesionáis no procedimento de atención a usuarios. Unha vez estudiada a situación chégase a unha conclusión diagnóstica que indicará se se trata dunha destas situacións:
    • Situación social adecuada
    • Situación social de vulnerabilidade ou risco
    • Situación social deficitaria
Derivación
  • Tratamos de encamiñar ós usuarios hacia recursos e/ou servizos dentro da red de apoio social da comarca. As situacións de emerxencia (vulnerabilidade ou deficitarias) xeran importantes necesidades e problemas sociais, polo que deben abordarse dende unha perspectiva integral (existen diferentes aspectos que deben abordarse en conxunto).
    • Outras tareas de intervención social como son o apoio,  a potenciación e movilización de recursos, coordinacións, etc.
    • Establecese unha relación individualizada e cercana con cada persoa, para que poida expresarse nun clima de confianza.
    • Manter a implicación dos usuarios, de tal xeito que participen activamente no proceso que xere a intervención social na que sexan destinatarios.

© 2015 Tódolos dereitos reservados. By stgo | Aviso Legal

-