Dentro da nosa función de proporcionar comida a persoas con escasos medios económicos, a Cocina Económica proporciona a diario un xantar completo e unha cea.

A Cocina Económica de Ferrol é unha Asociación independente que, no entanto, coopera cos Servizos Sociais municipais, así como con asociacións de carácter social, fomentando a integración da rede social da nosa comarca. Traballamos e recibimos o apoio de particulares, empresas, asociacións, centros educativos, parroquias e confrarías, sindicatos…
Deste xeito conseguimos diversificar os nosos ingresos, potenciando a eficiencia dos nosos servizos, comprometidos coa Calidade, o Rigor e a Transparencia, que desde fai máis dun século son o selo dunha tradición de vangarda.