Información sobre o procedemento de denuncias

  • As denuncias poderanse realizar de forma anónima, arquivándose en tal caso as recibidas. A Cociña Económica de Ferrol comprometese a non tomar ningunha medida disciplinaria nin acción legal contra o emisor de unha denuncia de boa fe.
  • Nos casos de solicitudes maliciosas que vulneren criterios de boa fe por ser irrespetuosas ou en casos de datos de carácter confidencial, a Cociña Económica de Ferrol reservase o dereito a non emitir resposta.
  • Rexistro: o denunciante deberá cubrir o formulario específico, habilitado nesta páxina web, para a comunicación da denuncia. Unha vez recibida e rexistrada, activarase o procedemento para súa xestión. Durante toda a tramitación garantizarase o dereito a intimidade, a defensa e a presunción de inocencia dos afectados.
  • Análise e Resolución: formarase un Comité encargado de levar a cabo a investigación e de establecer recomendacións, que serán transmitidas ao órgano do goberno, encargado de aprobar a resolución. Poderánse impoñer medidas disciplinarias ou sancións en situacións necesarias, así coma informar as autoridades en casos constitutivos de delictos.
    As denuncias anónimas que non revistan mínimos indicios de autenticidade arquivaranse polo comité sen máis trámite. O mesmo resultado terán aquelas denuncias sobre as que non sexa posible ampliar, directa ou indirectamente, a información contida na denuncia.
  • Prazos: a tramitación se realizarase a maior brevedade posibel, establecendo un prazo máximo de 30 días para dar resposta. No caso de non poder enviar resposta nese prazo, informarase ao denunciante de que la solicitude está en curso e ofrecerase un novo prazo.

© 2015 Todos los derechos reservados. Webmaster Appsolutwebs | Aviso Legal

-