Política de privacidade de denuncias

Asociación asistencial «Cocina Económica» de Ferrol, en diante CEF, con domicilio en C/ Rubalcava 29, de Ferrol (A Coruña), teléfono 981 353 117 e correo electrónico ceconomica@gmail.com trata a información que nos facilita co fin de xestionar as denuncias para a identificación de condutas irregulares por parte de calquera grupo de interese relacionado coa Cocina Económica de Ferrol. Os datos proporcionados conservaranse durante un máximo dun ano. Os datos non se cederán a terceiros salvo se do contido da denuncia despréndese a existencia dun posible delito ou infracción administrativa nese caso cederase ás Forzas e Corpos de seguridade e autoridades administrativas/xudiciais/fiscalía.

Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en CEF estamos a tratar os seus datos persoais, por tanto, ten dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento. Para iso, CEF dispón de formularios específicos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.

© 2015 Todos los derechos reservados. Webmaster Appsolutwebs | Aviso Legal

-