Quenes Somos

Antonio Togores

Antonio Togores y Corbián. A cuxa iniciativa e cooperación débese o establecemento da Cocina Económica de Ferrol, inaugurada o 20 de septembro de 1891.

Está inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro con nº 1996-4176-1. Declarada de Beneficencia Particular o 19 de xaneiro de 1916 e ten recoñecida a Utilidade Pública por Orde de 18 de febreiro de 2011 (DOG 58 de 23 de marzo).

A Cocina Económica de Ferrol, é unha Asociación de beneficencia particular con CIF G-15029176, creada o 20 de setembro de 1891, coa finalidade de proporcionar comida, principalmente cociñada, a persoas con escasos recursos.

Dentro da nosa función de proporcionar comida a persoas con escasos medios económicos, a Cocina Económica proporciona a diario un xantar completo e unha cea.

A Cocina Económica de Ferrol é unha Asociación independente que, no entanto, coopera en estreita relación cos Servizos Sociais de Ferrol, así como con outras asociacións de carácter social, fomentando a integración da rede social da nosa comarca.

Traballamos e recibimos o apoio de particulares, empresas, asociacións, centros educativos, parroquias e confrarías, sindicatos…

Deste xeito conseguimos diversificar os nosos ingresos, potenciando a eficiencia dos nosos servizos, comprometidos coa Calidad, o Rigor e a Transparencia,que desde fai máis dun século son o selo dunha tradición de vangarda.

© 2015 Todos los derechos reservados. Webmaster Appsolutwebs | Aviso Legal

-